Autor
Localización
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Descrición
Ampola de cristal con elementos en bronce sobredourado que contén a licuefacción do sangue de San Pantaleón.
Pantaleón foi un dos mártires perseguidos durante o goberno do emperador Diocleciano. Segundo o relato da tradición, o santo de Nicomedia foi cruelmente decapitado ao pé dunha figueira seca, a cal floreceu ao tomar contacto co seu sangue.
A milagre da licuefacción do sangue do santo é motivo de celebración na localidade salernitana de Ravello, a cal ten lugar o día 27 de xullo. Esta mesma festividade celébrase no mosteiro da Encarnación de Madrid, fundado por D.ª Margarita de Austria, onde se custodia igualmente unha reliquia co sangue do santo.
Bibliografía
- Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
- Sáez González, M. (1987). La platería en Monforte de Lemos. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Cristal
Bronce dourado
Técnica
Fundido
Moldeado