Ir o contido principal

Portapaz da Asunción

portapaz
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVI
Cronoloxía
s. XVI (último terzo)
Descrición

Portapaz de estética manierista realizado en prata sobredourada decorado con diversas placas de esmaltes. A peza segue unha disposición a modo de pequeno retablo, dividido o seu corpo central en tres rúas, coa central máis ancha que as laterais. Así, sobre un banco con saintes nos laterais, e decorado con placas de esmalte, desarróllase un espazo a modo de escena acubillado polo gran arco de medio punto da parte superior, o cal segue un esquema a modo de arco de triunfo. No centro, a placa de esmalte da parte baixa exerce de elemento de transición cara unha elaborada representación da Asunción. Nela, a Nai de Deus aparece envolta nun ampuloso manto e impulsada por anxos neno nun marcado sentido ascensional. De igual modo, a figura demostra un coidado estudo anatómico do corpo femenino, o cal presenta, sen embargo, un canon lixeiramente alongado de gusto miguelanxelesco. Destaca o tratamento das roupaxes, as cales aparecen coidadosamente representados mediante a técnica dos panos mollados. Polo demais, o fondo aparece lixeiramente difuminado dando sensación de profundidade, motivado polo emprego do sfumato como recurso expresivo. 

Como se dixo con anterioridade, a escena está enmarcada por un gran arco de medio punto, o cal se compón por duas seccións aos laterais con decoración a base de candelieri e con sendas inscrustacións centrais de pedrería (hoxe desaparecida). A continuación, dous pinxantes serven de arranque para o gran arco que envolve a escena, o cal presenta unha especie de arquivolta decorada con esmaltes e unha secuencia de rosetas. Xa na parte superior, nas enxutas, dous anxos parecen soster a correspondente coroa sobre a cabeza da Virxe (desaparecida).

No tocante as rúas laterais, o avance do banco inferior ten continuidade nos conxuntos de columnas pareadas, xerando no conxunto unha gran sensación de amplitude espacial. Estas presentan un fuste estriado e unha sección inferior decorada a base de grutescos. Asemade, presentan capiteis corintios que sosteñen un delgado entablamento que se prolonga cara o arco antes descrito. Sobre él, a ambos lados, aparecen dous balconciños abalaustrados que encerran un organo no da dereita e un facistol con un libro de himnos no esquerdo. Este espazo aparece acubillado por sendos templetes dobles sostidos por unha secuencia ascensional de estípites e cariátides, respectivamente. 

De novo, no extremo superior, un friso con unha longa placa de esmalte da lugar ao frontón de remate, o cal contén no seu centro un medallón cunha pomba, símbolo esta do Espírito Santo. En cada un dos vértices do triángulo, tres figuras, dúas femininas nos laterais, simbolo da antiga e nova Lei, e unha central, a cal representa a Cristo bendicindo entre duas finas volutas.

A parte traseira presenta unha decoración mais complexa, no que unha gran sección con un patrón formado a base de candelieri serve como sustento para unha figura coroada que nos remite aos modelos do Sol Invicto da Antigüidade romana.

 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (1987). La platería en Monforte de Lemos. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Prata
Esmaltes
Técnica
Fundido
Moldeado
Torneado
Cincelado
Dourado
Ensamblado