Ir o contido principal

Virxe das Dores

dores 1
Autor atribuído
Localización
Lugar de orixe
Orixe atribuída
Estilo
Século
XVII
Descrición

Escultura de busto en madeira policromada que representa a Virxe das Dores. A figura desta Dolorosa presenta a cabeza lixeiramente inclinada cara á dereita, cuberta por unha toca branca e un manto azul de pregues ondulantes que enmarcan o rostro, concentrando a atención do espectador na expresión facial. O semblante reflicte a desolación ante a última das sete dores marianas, transmitindo unha profunda introspección e serenidade.
O escultor recorre a elementos postizos, como ollos de vidro e bágoas de resina, para intensificar o realismo e a carga emocional da obra. A imaxe acada un notable equilibrio entre a dor contida e a expresión devocional, evocando a figura dunha nai que sofre en silencio, destacando pola súa atmosfera serena e contemplativa.
No que atinxe á autoría, a peza podería atribuírse a Pedro de Mena ou, cando menos, a algún artista do seu círculo próximo. Cómpre lembrar que o escultor granadino realizou diversas versións de Virxes de medio busto ao longo da súa traxectoria artística. O seu contacto coa escola castelá levouno a modificar os seus modelos e a executar obras dotadas dun maior naturalismo e expresividade.
Por outra banda, esta representación podería corresponderse coa que aparece nun inventario documentado por Lorenzana Lamelo:

34. Ytem mando amis monjas Franciscas de Monforte […] nuestra señora de la Soledad que está en una urna en mi alcoba para que la den culto en su iglesia, especialmente en el viernes Santo” (Monforte de Lemos, Archivo del Colegio del Cardenal, L. Dot. T. C. 153r. – 153v.; apud Lorenzana Lamelo, 1986: 119). 

 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Lorenzana Lamelo, M.ª L. (1986) Aportación documental al estudio histórico-artístico de dos fundaciones monfortinas: el colegio de la Compañía y el Convento de las Clarisas. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela.
  • Valle Pérez, J. C., y Fernández Otero, J. C. (1993). Os Museos da Igrexa en Galicia. Ourense: Xunta de Galicia. 
Material
Madeira
Cristal
Resina
Técnica
Tallado
Policromado
Postizos