Ir o contido principal

Retrato do I Duque de Lerma, Francisco Gómez de Sandoval y Rojas

duque 1
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
s. XVII (primeiro cuarto)
Descrición

Óleo sobre lenzo que representa a Francisco Gómez de Sandoval y Rojas, I Duque de Lerma. A obra inscríbese no ámbito da retratística cortesá hispánica do primeiro cuarto do século XVII e segue o modelo do retrato diplomático oficial. A figura aparece de pé, en posición frontal e lixeiramente apoiada sobre unha mesa, configurando unha tipoloxía destinada a exaltar a dignidade do valido real.

O fondo neutro, de tonalidade escura e carente de elementos arquitectónicos ou simbólicos, responde ao canon do retrato barroco español, concentrando o foco visual nos trazos fisionómicos. O rostro presenta un modelado suave, con iluminación lateral que acentúa unha expresión grave, dotada de bigote prominente e barba puntiaguda, elementos coincidentes con outras imaxes coñecidas do Duque de Lerma.

A indumentaria corresponde á moda cortesá da época, a cal esta composta por traxe negro de corte e manto amplo, ambos forrados de armiño, indicativo da alta posición do retratado. Sobre o peito destaca unha cadea de ouro con medallón en forma de venera que incorpora a Cruz de Santiago, atributo que certifica a súa pertenza á Orde homónima. O tratamento das texturas, como o armiño, o veludo ou metal dourado, revela un coidado especial na representación dos materiais.

No tocante á autoría, a obra presenta unha atribución complexa no estado actual da investigación. Con todo, certos rasgos estilísticos permiten propoñer, sempre con carácter conxectural, a súa adscrición a un taller da escola madrileña, cuxo estilo mostra afinidades cos seguidores de Juan Pantoja de la Cruz.

 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.

  • Sáez González, M. (2018). Coleccionismo y almoneda del gran Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro. Lugo: Diputación de Lugo. 

Material
Lenzo
Pintura ao óleo
Técnica
Pintura ao óleo