Ir o contido principal

Frontal de Pío V

frontal 1
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Orixe atribuída
Estilo
Século
XVI
Descrición

Este Frontal de Pío V foi un obsequio do papa Urbano VIII á condesa de Lemos, D.ª Catalina de la cerda y Sandoval. Trátase dunha peza de grande importancia histórica, xa que o xogo completo, composto ademáis por unha casulla, unha estola e un manípulo, foi usado polo pontífice para a celebración da misa de Acción de Grazas trala victoria da Liga na Batalla de Lepanto, ocorrida no ano 1571. Especúlase, sen moitas certezas, que as telas de orixe turco pudieran formar parte do botín cristiano saqueado tralo combate. Neste sentido, convén recordar que o papa Pío V foi o encargado de promover a creación da Liga Santa para facer fronte ao poder do Imperio Otomano.

En canto á peza, esta destaca pola sua riqueza material e decorativa. Nela observamos un gran pano central de seda con un patrón recurrente de motivos florais de marcada tradición oriental. Na parte superior, leva superposta unha banda textil en ton vermello e con detalles en fío de ouro. Esta está decorada por unha cenefa na que destaca unha decoración a partir da repetición dun mesmo patrón de motivos florais na súa parte central. 

Nun momento posterior añadíronse ata tres escenas bordadas no corpo central da peza. No sector dereito aparece o emblema da Santa Sé, composto por dúas chaves entrecruzadas e a tiara papal. Xusto debaixo, atopamos un cordón carmesí, símbolo da unión entre o poder espiritual e o poder temporal. No sector esquerdo aparece unha figura borada en tons rosados rodeando un dos motivos ornamentais do pano. Este bordado figura a imaxe dunha serpe que persegue o extremo da súa cola, a cal podería estar simbolizando o propio ciclo da vida.

De maior interese é a imaxe bordada na parte central. Esta representa unha escena con unha Virxe maiestática facendo de trono para o Neno, nun conxunto de clara inspiración bizantina. As dúas figuras parecen repousar sobre un crecente lunar. Na parte baixa da imaxe, varios querubíns emerxen entre o cúmulo de nubes para impulsar ao grupo en sentido ascensional. Finalmente, un gran resplandor dourado envolve o conxunto.

 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia. 
Material
Fío de ouro
Fío de prata
Sedas
Técnica
Bordado