Ir o contido principal

Gaetano Patalano

Gaetano Patalano é un artista nacido c.1655 e falecido en 1700. 

Foi un dos fillos de Giovan Angelo Patalano e Vittoria Marona, cuxa voda se celebrou en Lacco Ameno o 30 de xullo de 1642. O 14 de marzo de 1655 foi bautizado como Gaetano (un primeiro fillo co mesmo nome falecera antes ca el). O seu irmán máis novo, Pietro Patalano (Pietro Rocco), tamén era escultor e foi bautizado o 29 de xuño de 1664.[1] Hai pouca información detallada sobre as obras executadas con certeza por Pietro e poucas obras se lle atribúen con certeza. Traballou entre 1702 e 1737 e foi alumno (como Gaetano) dos irmáns Aniello e Michele Perrone e colaborador do seu irmán maior Gaetano. O ano da morte de Gaetano pódese deducir da súa última obra certa, que é de 1699, pero algunhas outras obras que se lle atribúen poderían ser do ano 1700.

Pezas por autor