Ir o contido principal

Copón de Augsburgo

Copón s. XVI
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVI
Cronoloxía
s. XVI (último cuarto)
Descrición

Esta peza é un copón de pequenas dimensións realizado en prata, procedente dun taller da cidade alemá de Augsburgo.

A peza asenta sobre unha base composta por dúas zonas diferenciadas: unha inferior lisa e outra superior decorada. En canto a esta última, presenta unha ornamentación de motivos vexetais e tres medallóns con retratos de perfil de emperadores romanos, claramente inspirados en modelos numismáticos.
Na súa zona intermedia, o copón mostra un nó dobre estruturado a partir de follas de acanto. No corpo superior destaca unha ampla copa decorada con medallóns que conteñen seis retratos de perfil, cada un deles cunha determinada vinculación histórica e acompañados polas inscricións: «Brutus, Xulio César, Caio Pórcio, Marco Marcelo e César Augusto» (Sáez González, 1987: 25). Do mesmo xeito, cada medallón aparece separado por motivos vexetais situados nos espazos intermedios.

Finalmente, a tapa presenta unha decoración concibida nos mesmos termos ca o resto da peza e remata cunha cruz latina de sección poligonal.
Por outra banda, cómpre indicar que a peza presenta unha marca na base, na que é posible identificar unha piña de piñeiro e a letra «Z».

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. e Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (1987). La platería en Monforte de Lemos. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Prata
Técnica
Fundido
Moldeado
Torneado
Cincelado
Repuxado
Sobredourado